*areladefe nace no 2005 dunha arela: o desexo de crear beleza e emoción a través da xoiería.

Fe González son eu, e levo vinte anos deseñando e elaborando xoias de maneira artesanal. Cada peza é única, feita con metales nobres como prata e ouro, sempre co coidado e a paixón que esixe o traballo feito a man.

Ao longo destes anos, explorei diferentes materiais e técnicas, mantendo sempre a esencia de areladefe: a unión do soño, a técnica e a emoción.

Cada colección conta unha historia, cada peza reflicte luz, movemento e sentimento, convidando quen a leva a sentirse parte desa arela que nos move.

No concello da Guarda temos dende o 2005 un pequeno espazo, alí podes atopar todas as nosas coleccións e pezas únicas. 

O meu obradoiro atópase no concello de Oia, podes visitalo sempre que queiras, só tes que solicitar cita previa.

Fe González

Unha arela feita xoia

*areladefe naceu no 2005 dunha arela: o desexo de crear beleza e emoción a través da xoiería.

Son Fe González e levo máis de vinte anos deseñando e elaborando xoias artesanais en Galicia. Cada peza nace lentamente, dende a observación, o oficio e o respecto polos materiais. Traballo principalmente con prata, ouro e cerámica, buscando que cada xoia conserve a súa propia personalidade e acompañe durante moito tempo a quen a leva.

Ao longo destes anos explorei técnicas, formas e materiais distintos, pero a esencia segue sendo a mesma: unir soño, técnica e emoción para crear pezas que falen de nós, da paisaxe que habitamos e das pequenas historias que nos acompañan.

A prata é, para mín, o metal que máis me gusta e que máis presente está en cada unha das pezas que fago. É un metal nobre e maleable, a realidade é que o traballar e crear con prata síntome segura. Quizáis por iso sempre acabo voltando a ella.

O mar como inspiración

As ondas, a luz cambiante, a area mollada ou as rochas da costa aparecen con frecuencia no meu proceso creativo. Ás veces convértense en formas, outras en texturas ou en pequenos detalles que, case sen decatarme, acaban formando parte dunha colección.

Galicia é o lugar onde nacín e onde vivo, o mar sempre formou parte da miña vida. De pequena gustábame perder o tempo entre as rochas, ir pescar, recoller pequenas pedras, cunchas ou anacos de madeira que as mareas deixaban na beira.

O mar forma parte da miña vida e da miña memoria. Está presente na paisaxe que me rodea e sen case decatarme , tamén na maneira en que observo e plasmo o meu sentir en cada unha das miñas pezas ou coleccións.

As rochas, a luz, as ondas, a bravura do Atlántico norte..as veces están ahí, en cada xoia, na textura e nas marcas que deixa o martelo, no brillo da prata como se fose o sol cando reflexa no mar un destello plateado e infinito.

Antes de aprender a traballar a prata, aprendín a mirar o mar.

O obradoiro

O meu obradoiro é un espazo donde paso moito tempo e sempre me parece pouco. Está situado no concello de Oia, Pontevedra, e a miña mesa de traballo mira ó Mar.

É un espazo de calma onde convive tamén un certo caos, para mín case necesario!!

É onde deseño e fabrico todas e cada unha das pezas que fago, van tomando forma pouco a pouco.

Traballar a man significa aceptar o tempo que cada peza necesita, as pequenas diferencias que poida haber en cada unha delas, tamén forma parte da súa historia.

O meu obradoiro é un lugar de traballo e tamén é un lugar de encontro. As veces a curiosidade de cómo se fai unha xoia fai que alguén prema o timbre, outras o veciño que só pasa a saudar e ofrecer café e outras algún colega con quen compartir ideas.

Cada visita achega algo diferente e todas aportan,son conversas que forman parte do meu día a día e que, dalgunha maneira tamén acaban formando parte do meu traballo.

Detrás de cada xoia hai oficio pero tamén persoas, lembranzas e tempo compartido.

Estou convencida de que esto so pasa porque vivo no Rural.

Os materiais e as historias

A prata é o metal nobre co que máis me identifico e o que está presente en case todos os meus traballos.

Pero tamén emprego o ouro, achega calidez, luz e elegancia atemporal, para mín tamén aporta forza, gústame empregalo só cando a peza e o meu sentir o pide e se non, por encargo.

As pezas de ouro que fago por encargo sempre son un reto para mín. Non só polo traballo que supoñen, senón porque detrás de cada unha hai unha historia, unha ilusión ou un momento importante na vida de alguén, sinto a confianza que me dán, que me escollan para formar parte dese momento é algo que me segue emocionando igual que o primeiro día.

Algunhas coleccións nacen da observación da natureza, de ahí que o mar esté case sempre moi presente, outras xorden dun encontro inesperado. A colección 97°, por exemplo, nace a partir dunhas pezas de cerámica industrial fabricadas en 1997 na fábrica As Cachadas, no Baixo Miño. Aquel descubrimento abriu un novo camiño creativo no que tradición, memoria e deseño contemporáneo dialogan entre si.

Cada material ten o seu carácter e o seu ritmo. Gustame experimentar, mesturar, probar…Tamén me gusta visitar mercadillos, sempre atopo algún tesouro para darlle unha segunda vida. Só ten que chegar o momento e trnasformar en xoia ou colección.

Gústame velos, tocalos e tamén esquecelos a partes iguais….na mesa central do meu obradoiro hai unha parte onde o caos presente convive con a clasificación de cada peza terminada e empaquetada, é ahí, nese caos, onde algunhas veces as musas aparecen e eu sorprendida, aproveito o momento.

Máis que unha xoia

Para min a vida dunha xoia non remata cando sae do obradoiro. É ahí cando comeza a sua verdadeira historia.

Pasa a formar parte da vida de alguén, acompáñao, cambia con ela e as veces segue o seu camiño cambiando de máns.

Agardo que atope nela algo máis que unha xoia: unha pequena historia que poida facer súa.

Nun mundo que cambia moi rápido, gústame pensar que unha xoia pode acompañar durante moitos anos a quen a leva, gardando lembranzas, emocións e momentos importantes.

Cada peza que sae do obradoiro leva consigo unha parte dese proceso.

Agardo que quen a escolla atope nela algo máis ca unha xoia: unha pequena historia que poida facer súa.

Visita o obradoiro

Se che apetece coñecer o meu obradoiro de Oia ou visitarme en areladefe en A Guarda e descubrir tal vez algún pequeno tesuro, só tes que chamar ou escribirme e concertamos unha cita previa.

Estarei encantada de recibirte e compartir contigo o proceso de creación de cada colección.